Temos o pracer de anunciarvos que mañá representaremos, co grupo de teatro do cole, a obra “Alis a través do espello” esperamos vervos alí!
Arquivo para Decembro, 2017
ALIS A TRAVÉS DO ESPELLO volve!
Publicado: 19 Decembro 2017 en O teatro na Mata, o teatro no coleEtiquetas:O teatro, o teatro galego
Para rematar o ano atopamos dúas mulleres máis: Rosa Parks e Jane Goodall.
Rosa Parks, famosa por non ceder un asento da parte de diante do autobús a un home branco e Jane Goodall famosa polas súas investigacións cos primates.
Aquí tedes os vídeos que vos explican máis sobre as súas vidas.
Chegamos xa case ao final do ano e atopamos dúas mulleres destacadas pola súa valentía, aínda que de épocas moi diferentes.
Lady Di, princesa de Inglaterra durante moitos anos, pero famosa polo seu labor humanitario e coñecida como a “princesa do pobo”.
E María Pita, coñecida heroína da nosa historia galega que conseguiu a derrota das tropas inglesas que intentaban conquistar a Coruña.
Se picades nos seguintes vídeos tedes máis información sobre elas.
Para o mes de outubro eliximos tres mulleres relacionadas co mundo do cine: Hedy Lamarr, Brenda Chapman e Mayim Bialik.
Hedy Lamarr é coñecida principalmente pola súa carreira como actriz, pero o que pouca xente coñece e a súa faceta como inventora. Mira o vídeo e descúbrea!
Brenda Chapman foi a primeira muller en dirixir unha película de animación. Moi coñecida por ser tamén a primeira en crear unha princesa de conto valente, forte e independente. Sabes de quen falo? Mira o vídeo!
E Mayim Bialik, actriz prestixioxa de Hollywood e neurocientífica recoñecida. Moi coñecida polo seu papel infantil na serie “Blossom” e moi coñecida na actualidade polo seu papel na seria “The Big Band Theory”. Queres saber máis cousas sobre ela? Pica no vídeo!
Xa estamos en setembro, e para comezar con forza o curso, queremos que coñezades tres mulleres que loitaron en cadanseu ámbito polos dereitos das mulleres: Simon Veil, Concepción Arenal e Marcela e Elisa. Aquí tedes os vídeos explicativos das súas fazañas.
No mes de xullo presentámosvos dúas mulleres da rama científica: María Goeppert-Mayer e María Josefa Wonnerburger. Matemática e astrónoma, realizaron diversos descubrimentos. Queres saber cales? Mira os vídeos!
Co comezo da calor do verán temos tres mulleres deportistas: Chus Lago, Julia Vaquero e Katherine Switzer.
Cada unha delas conta cunha historia de superación no deporte e cunha grande dose de valentía. Coñéceas nos vídeos!
Para o mes de maio trouxemos tres mulleres relacionadas en maior ou menor medida coa literatura: María Moliner, Anna Frank e Gloria Fuertes. Queres coñecelas mellor? Mira o vídeo.
O mes de abril chega moi colorido con dúas grandes artistas da pintura: Frida Kahlo e Maruja Mallo.
Frida é unha artista mexicana coñecida polas súas cores vivas e por ter unha vida marcada polo sufrimento.
Maruja, grande artista galega, caída no esquecemento polo exilio e polo escaso recoñecemento das mulleres naquela época. Muller cunha vida abraiante e moi activa no movemento da Xeración do 27.
Ollade os vídeos e coñecede máis sobre elas.