Arquivo para Novembro, 2017

Respecta o meu NON

Publicado: 25 Novembro 2017 en Sen categoria
Etiquetas:,

O venres, 24 de novembro, celebramos no nos centro O Día da Violencia de Xénero…
Isto é o que opina o noso alumnado…
Respecta o meu NON!

Dende o concello de O Rosal, promoveron un concurso de Haikus, para conmemorar o día da violencia de xénero que se celebra o próximo 25 de Novembro.
Os Haikus, son textos poéticos da cultura xaponesa, que polo xeral expresan algo da vida cotiá. Son tres versos nos que o primeiro ten que ser de 5 sílabas, o segundo de 7 e o terceiro de 5, e algunha norma máis hai que seguir para contabilizar ás sílabas.
Dende o noso centro promovimos a participación do noso alumnado e aquí vos deixamos as fermosuras que participaron no concurso e os ganadores. Noraboa a tod@s!

 

Camino Casabella estivo estas últimas semanas impartindo E. Plástica e Visual ao alumnado de Secundaria. Cando nos contou o proxecto que desenvolve, non quixemos perder a ocasión de compartilo a través do blog.
O seu labor consiste en dar a coñecer, a través da pintura, da cerámica e serigrafía, a mulleres reais, traballadoras e sobre todo ilustrar ás mulleres que loitaron polos seus dereitos ao longo da historia.
Moitos dos obxectivos do seu traballo coinciden coas liñas propostas do noso proxecto de centro ELLA.
Gracias por compartilo con nós. Alegrámonos de que haxa iniciativas como esta.

 

Magosto

Publicado: 21 Novembro 2017 en Magosto, Visitas na Quinta
Etiquetas:, , ,

Xa fai un par de semanas que festexamos o magosto no noso cole e así de ben o pasamos!

Aquí vos deixamos o vídeo dunhas mozas de 3º de ESO que se chaman Máis boas cás patacas. Con este vídeo gañaron o premio da 2ª Edición do Quero Cantar convocado pola Deputación da Coruña.
Parabéns a estas mozas que loitan polos dereitos das mulleres desde unha ferramenta tan fermosa coma a música e a palabra.

Hoxe estamos de magosto!

Publicado: 10 Novembro 2017 en Sen categoria

Como xa é habitual no noso centro, celebramos o día do San Martiño, 11 de Novembro, co festexo do magosto. Haberá xogos populares, música en directo e por suposto castañas!! Que como cada ano o profe Félix asa coa axuda do alumnado de secundaria. Moitas grazas polo voso esforzo o pasaremos xenial!!!
Deixámosvos un vídeo que fixemos o ano pasado, con refráns sobre o San Martiño.

O día 9 de Novembro é o día internacional do inventor. Xa que seguimos co noso proxecto “ELLA”, gustríanos que coñezades mellor a Hedy Lamarr.

Non debemos esquecer que ademais hoxe sería o seu aniversario.

O alumnado de 2º ESO cóntanos o que saben desta actriz e inventora…

Unha mañá de setembro

Publicado: 7 Novembro 2017 en Sen categoria

Hoxe, queremos contarvos unha inciativa do IES de Melide. Para comezar ben os días no colexio, transformaron os chanzos das súas escaleiras en parágrafos musicais. Nesta ocasión, a canción elixida é  “Unha mañá de setembro” da artista galega SES. Mirade que bonito o resultado e a canción. Se clicades na foto poderedes escoitar a canción!