O alumnado de 2º ESO realizou un labor de investigación sobre diferentes mulleres inventoras de todos os tempos.
E, con toda a información, deseñaron un cartel sobre a inventora…
Estes foron os resultados! Clicade na imaxe!
Neste curso traballaremos dende o centro en torno ás mulleres. O título do proxecto é “ELLA” (pronunciado ela). Por que este título? Pois pola estupenda cantante Ella Fitzgerald. Deixámosvos un recopilatorio dos seus mellores temas para que o desfrutedes!
Dende o CPI Manuel Suárez Marquier, queremos expresar o noso sentimentos de rabia, dor, incomprensión, impotencia… despois do ocurrido o pasado 15 de Outubro. NON ESQUECEMOS! QUEREMOS A NOSA TERRA VERDE!
O curso pasado, quedounos pendente a publicación da obra de teatro representada polo noso marabilloso grupo de teatro do cole. Todavía non temos o vídeo enteiro preparado, pero vos deixamos este vídeo con fotos do fantástico espectáculo co que estes rapaces nos sorprenderon.
O xoves pasado comezaron as clases de teatro no noso cole, que para quen non o saiba son os xoves de 16:30 a 18:30. Con que nos sorprenderán este ano? Polo de agora están investigando…
Hoxe queremos recomendarvos un programa de radio que nos parece moi interesante: CIENCIA EN GALEGO!
Todos os domingos de 15:00 a 16:00 horas podedes escoitalo na Radio Galega. É un espazo de información científica accesible a todos os públicos, que conduce Manuel Vicente.
Coa marabillosa ferramenta que é internet, se non o podes escoitar a esa hora ou ese día, todos os podcast están subidos na web da radio galega http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/efervescencia
E tamén seguir o seu blog http://ww2.crtvg.es/mu/efervesciencia/
Esperamos que vos guste tanto coma a nós.