Arquivo para 19 Xaneiro 2017

Comeza a XI edición de “Non perdas a palabra”. Este ano o concurso consiste en elaborar diferentes textos a partir das imaxes que engadimos a continuación. A temática ten que ver co proxecto migrANDO.

Cada foto vai acompañada dun número. Tedes que escoller unha e facer un comentario nesta entrada, onde expliquedes os vosos motivos para elixila.

Aquí están as bases-non-perdas-a-palabra desta convocatoria:

E no seguinte vídeo as imaxes que podedes elixir.

A crear e escribir!