Arquivo para 21 Decembro 2016

Sara Varela na Mata

Publicado: 21 Decembro 2016 en Sen categoria

Onte tivemos unha visita no cole!

Sara Varela, procedente do Rosal, veu colaborar co noso proxecto migrANDO.

Sara naceu no 1980 en Vigo, pero a súa familia é de San Miguel de Tabagón. Estudou paleontoloxía no CUVI (Vigo). Empezou a traballar e a viaxar aos 24 anos.

A primeira viaxe que fixo foi a Madrid no ano 2004. Alí
estivo traballando dous anos no Museo Nacional de Ciencias Naturales.
Chegado o momento tivo que facer as maletas e mudarse a Burgos no 2006 onde trballou nas excavaxións do xacemento de Atapuerca.
Despois fixo as maletas e volveu a Madrid para acabar a súa tese doutoral
De novo fixo as maletas e foi a Toledo, onde traballou na Universidade. Ofrecéronlle ir á Universidade máis antiga da República Checa (Praga) e no 2012  volveu marchar para alí.
Praga é unha cidade moi antiga, con multitide de cousas para visitar.
Outra vez fixo as maletas e foise para O Brasil no ano 2014 a unha cidade moi grande que ten máis de 1.000.000 habitantes, Goianía.
Volveu facer as maletas e foi a Berlín que é onde vive agora. Traballa no Museo de Ciencias Naturais onde tamén estivo Albert Enstein durante 30 anos.
Como ela nos contou, fixo moitos amigos aos que tivo que deixar cada vez que se mudaba. Pero segue a manter relacións con eles.

Iso é o máis importante, os amigos que nunca esquecemos.

Moitas grazas, Sara por vir compartir a túa historia con nós!