Arquivo para 20 Decembro 2016

Hoxe foi un día moi movido na Mata, e tamén tivemos a visita de Luis Carregal, que explicou aos alumnos de 4ºESO, os aspectos básicos para poder elaborar unha curtametraxe e pequenas nocións de edición.

Falounos de moitas cousas como dos covers, do ritmo na montaxe, os diferentes planos, do Scroll, do protocine do eixo no cinema… un feixe de datos que nos servirán para mellorar as nosas producións.

Xa case para rematar falamos da pantalla de chroma que é de cor verde. Quen se lembra de porque é desa cor?

Moitas grazas, Luis, por todo o que nos ensinaches.