Arquivo para 15 Decembro 2016

CONRAZONES E CINECLUBE ANPA

Publicado: 15 Decembro 2016 en Sen categoria

Ola a tod@s!

O próximo venres a asociación de axuda Conrazones, de A Guarda, en colaboración coa ANPA, recollerá alimentos e material escolar que levará ao norte de África.

Tamén se proxectará, por parte do Cineclube da ANPA, o film “O Visitante” dentro das xornadas de cine do proxecto migrANDO.

Ademais, ao remate da proxección, a ANPA convídavos a un refresco e pinchos.

Esperamos contar coa vosa colaboración!

conrazones