Arquivo para Decembro, 2016

Sara Varela na Mata

Publicado: 21 Decembro 2016 en Sen categoria

Onte tivemos unha visita no cole!

Sara Varela, procedente do Rosal, veu colaborar co noso proxecto migrANDO.

Sara naceu no 1980 en Vigo, pero a súa familia é de San Miguel de Tabagón. Estudou paleontoloxía no CUVI (Vigo). Empezou a traballar e a viaxar aos 24 anos.

A primeira viaxe que fixo foi a Madrid no ano 2004. Alí
estivo traballando dous anos no Museo Nacional de Ciencias Naturales.
Chegado o momento tivo que facer as maletas e mudarse a Burgos no 2006 onde trballou nas excavaxións do xacemento de Atapuerca.
Despois fixo as maletas e volveu a Madrid para acabar a súa tese doutoral
De novo fixo as maletas e foi a Toledo, onde traballou na Universidade. Ofrecéronlle ir á Universidade máis antiga da República Checa (Praga) e no 2012  volveu marchar para alí.
Praga é unha cidade moi antiga, con multitide de cousas para visitar.
Outra vez fixo as maletas e foise para O Brasil no ano 2014 a unha cidade moi grande que ten máis de 1.000.000 habitantes, Goianía.
Volveu facer as maletas e foi a Berlín que é onde vive agora. Traballa no Museo de Ciencias Naturais onde tamén estivo Albert Enstein durante 30 anos.
Como ela nos contou, fixo moitos amigos aos que tivo que deixar cada vez que se mudaba. Pero segue a manter relacións con eles.

Iso é o máis importante, os amigos que nunca esquecemos.

Moitas grazas, Sara por vir compartir a túa historia con nós!

 

Hoxe foi un día moi movido na Mata, e tamén tivemos a visita de Luis Carregal, que explicou aos alumnos de 4ºESO, os aspectos básicos para poder elaborar unha curtametraxe e pequenas nocións de edición.

Falounos de moitas cousas como dos covers, do ritmo na montaxe, os diferentes planos, do Scroll, do protocine do eixo no cinema… un feixe de datos que nos servirán para mellorar as nosas producións.

Xa case para rematar falamos da pantalla de chroma que é de cor verde. Quen se lembra de porque é desa cor?

Moitas grazas, Luis, por todo o que nos ensinaches.

 

 

Libro Migrante

Publicado: 19 Decembro 2016 en migrANDO, O libro viaxeiro, Sen categoria
Etiquetas:,

Ola a to@s!

O venres comezou a sùa andaina o Libro Migrante, que recollerá as historias migratorias das familias colaboradoras. Tocoulles comezar a Eva e Manuel. Pasádeo moi ben!.

 

CONRAZONES E CINECLUBE ANPA

Publicado: 15 Decembro 2016 en Sen categoria

Ola a tod@s!

O próximo venres a asociación de axuda Conrazones, de A Guarda, en colaboración coa ANPA, recollerá alimentos e material escolar que levará ao norte de África.

Tamén se proxectará, por parte do Cineclube da ANPA, o film “O Visitante” dentro das xornadas de cine do proxecto migrANDO.

Ademais, ao remate da proxección, a ANPA convídavos a un refresco e pinchos.

Esperamos contar coa vosa colaboración!

conrazones

Aquí tedes o vídeo da primeira quenda dos nosos petiscos do mundo. Moitas grazas a Lovina por ensinarnos a cociña do seu país. Agardámosvos nas vindeiras petiscadas. Ummmm!!!

Decembro

Publicado: 2 Decembro 2016 en Calendario, migrANDO, Para ver
Etiquetas:,

Poema correspondente á imaxe do Calendario 2017 de Decembro. Realizado polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier.

Novembro

Publicado: 2 Decembro 2016 en Calendario, migrANDO, Para ver
Etiquetas:,

Poema correspondente á imaxe do Calendario 2017 de Novembro. Realizado polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier.

Outubro

Publicado: 2 Decembro 2016 en Calendario, migrANDO, Para ver
Etiquetas:,

Poema correspondente á imaxe do Calendario 2017 de Outubro. Realizado polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier.

Setembro

Publicado: 2 Decembro 2016 en Calendario, migrANDO, Para ver
Etiquetas:,

Poema correspondente á imaxe do Calendario 2017 de Setembro. Realizado polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier.

Agosto

Publicado: 2 Decembro 2016 en Calendario, migrANDO, Para ver
Etiquetas:,

Poema correspondente á imaxe do Calendario 2017 de Agosto. Realizado polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier.