Arquivo para Novembro, 2016

Onte foi un día especial para o alumnado, o profesorado e os pais do Rosal, porque fomos á presentación do libro do noso profe e compañeiro Xosé Tomás, Manual de escola.

Resultado de imaxes para manual de escola

Resultado de imaxes para manual de escola

Xosé Tomás estivo acompañado de Sonia e Sofía na mesa de presentación. Pero tamén estivo acompañado de nenos e nenas de 2º de ESO e dun antigo alumno, Marcos, que quixo acompañalo neste día tan especial para el.

 

05

Contounos varias anécdotas sobre como era a escola cando el era pequeno, sobre o que dicían algúns profesores del, e falounos de como quería el que fose a escola.

04

 

No libro fala sobre todo de sensacións e de sentimentos. E fala de vós, do alumnado, do importantes que sodes para que a aprendizaxe siga adiante, porque vós aprendedes, pero nós tamén aprendemos moito de vós.

 

08

Moitas grazas, Xosé Tomás, por ser como es, por ter esa sensibilidade, por entender a escola coma ti a entendes e por compartir este libro con nós

Os nenos e nenas quixeron compartir con el esta celebración e subiron ao escenario para darnos a súa visión sobre a escola e amenizáronnos o acto cunha peza tocada por Sabela e Ella. 17398

Magosto 2016

Publicado: 8 Novembro 2016 en Magosto
Etiquetas:, , , ,

Hoxe festexamos o magosto no noso centro. Ademais de degustar as mellores castañas da comarca, asadas polo profe Félix e os seus axudantes, pasámolo en grande cos xogos que organizaron os compañeir@s de 4ºESO. Aquí vos deixamos un vídeo de todo o que sucedeu.

Moitas grazas a tod@s!

 

Hoxe, 4 de novembro é o Día da Ciencia en Galego. Dende o noso Colexio e desde o Equipo de Normalización queremos contribuír á difusión de que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda e divulgación científica e, polo tanto, tamén para o ensino das máis diversas disciplinas científicas.

Cada ano, Igaciencia (institución Galega de Ciencia) propón dous científicos, un galego e outro estranxeiro, aos que dedicarlle o Día da Ciencia en Galego. Se o pasado ano os investigadores homenaxeados pertencían ao campo da xeoloxía, nesta ocasión son precursores no campo da xenética. O científico estranxeiro é Gregor Mendel, creador desta disciplina, e o científico de ámbito galego é Cruz Gallástegui, responsábel da súa introdución en Galiza.

Aquí tedes unha mostra do cartaz deste ano

 

Hoxe pasámolo en grande no concerto organizado polo concello do Rosal.

Un concerto no que gozamos con Roi Casal, nado en 1980 en Catoira. Roi é un músico -antigo compoñente de Milladoiro- cantante e compositor galego e estivo acompañado por Silvia Ferre Casar, cantante nacida en Asturias pero afincada en Galiza.

Aprendemos o que é unha harpa e o seu funcionamento así coma o bouzouki e as súas peculiaridades.

Aquí tedes algunhas fotos destes artistas!

concerto

publico

roi casal

 

 

A partir das doce o concerto foi para os nenos de Secundaria. Aparte de falarnos sobre os instrumentos, cantaron temas de Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro.

 

85626

Aquí tedes un pequeno fragmento da súa actuación

Moitas grazas pola vosa visita, Roi e Silvia!!