Que pasedes unha noite de Samaín de medo!
Que pasedes unha noite de Samaín de medo!
Aproveitando que temos o colexio cheo de cabazas para celebrar o Samaín, descubrimos con enorme sorpresa a visita de Rosalía de Castro e de Castelao. Rodeados de personaxes cabaceiros, como Miguel de Cervantes ou Frida Kahlo, acompañados de cabaciñas e cabazonas, pequenas e grandes, coloridas e rideiras, vimos a Rosalía máis popeira e o Castelao máis irreverente.
Parabéns a todos e todas os participantes e parabéns a Verónica e a Esther por lembrarse da nosa escritora máis internacional e parabéns a Ainoa Vicente por lembrarse tamén de Castelao!!!
Non sen tempo, botamos a andar o novo proxecto deste curso escolar. Podedes ver os detalles a continuación, Esperamos vos guste tanto coma a nós!