Arquivo para 13 Xuño 2016

Os graffitis invaden O Rosal

Publicado: 13 Xuño 2016 en Manuel María

Xa chegou o bo tempo…

Co acordo da responsable de Cultura do Concello, repetimos os graffitis na zona de xogos infantís da Praza do Calvario, no corredor de acceso á Biblioteca Municipal e no interior da Praza de Abastos.
Deste xeito, calquera persoa cun dispositivo móbil e a aplicación de realidade aumentada descargada pode
escanear a silueta da parede e ver no vídeo a dous rapaces veciños recitando o poema.

Agora só nos falta colocalos nas paradas de bus…