Arquivo para Maio, 2016

Manuel María en graffitis

Publicado: 19 Maio 2016 en Manuel María

Na Semana das Letras Galegas, o alumnado de 2º ESO deu a coñecer a todo o centro o seu traballo.

Explicáronlle a todos os grupos de Primaria e a algún curso de Secundaria o proxecto realizado durante este curso.

Coa aplicación de móbil Aurasma escoitamos os vídeos de Manuel María gravados por eles…

32 POEMAS!

CASE NADA!


PARABÉNS A TODO O ALUMNADO DE 2º ESO POLO PROXECTO!

FB_IMG_1463490762186

Por fin chegou o momento de colocar todos os graffitis polo centro!
Non é necesario explicar o que fixemos… Podedes velo pinchando na imaxe!
Non quedou un sitio do centro no que non deixaramos a nosa pegada!
http://www.edu.xunta.es/centros/cpimanuelsuarez/?q=taxonomy/term/338
Se instalas no teu móbil a aplicación del Aurasma e segues a “aquinta”, podes escoitar o poema de Manuel María vinculado a cada graffiti!

O alumnado de 2ºESO gravou 32 vídeos recitando poemas de Manuel María e, despois deseñou códigos QR para poder amosar o resultado.

Estes días estiveron a colocalos nos libros deste autor que temos na biblioteca…

http://www.edu.xunta.es/centros/cpimanuelsuarez/node/1136

Para escoitalos só tedes que coller un dos libros e ler o código QR cun móbil!

Se queres saber máis… Pincha na imaxe!

Moitas grazas polo traballo!