Arquivo para Febreiro, 2016

Hoxe, 24 de febreiro é o Día adicado a Rosalía de Castro. Por todo o país estanse a facer actos que reivindiquen a figura da nosa estupenda poetisa e escritora que, 181 anos despois da súa morte, segue moi presente nos nosos corazóns.

A AELG está a promover diferentes actos que axuden a actualizar a nosa autora e que inciden no importante papel que desenvolveu na súa época e que, hoxe en día están totalmente vixentes. Aquí tedes o enlace para ver as actividades que se teñen programadas

É de salientar a iniciativa da Deputación da Coruña, que a través da súa área de Cultura, pon este luns en libre circulación catro novas imaxes de Rosalía de Castro creadas para a ocasión por catro deseñadoras: Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor. Aquí vos deixo as ilustracións e o enlace á noticia.

Feliz Día de Rosalía!!!!

 

 

Hoxe o alumnado de 3º ESO A, B e PMAR realizou un estudo sobre o uso do galego no sector servizos no Rosal. Comezaron facendo unha enquisa polos establecementos do Rosal, logo descargaron os datos na aula de informática e chegaron ás súas conclusións, que expuxeron por grupos na biblioteca do colexio.

DSC_0007DSC_0004DSC_0016DSC_0028DSC_0021DSC_0009