Arquivo para Xuño, 2015

Hoxe foi a entrega de agasallos dos vídeos que foron seleccionados.

A primeira mención foi para Pedro e Uriel, de 4º ESO

DSC_0073

DSC_0083

 

A continuación fíxose a entrega do 2º premio para Leticia, Alejandra, Marta e Ainoa, de 2º ESO

DSC_0081

DSC_0078

 

 

 

 

O terceiro foi o de Nerea, Ana e Abril, de 4º ESO

DSC_0076

DSC_0075

 

 

PARABÉNS A TODOS E A TODAS POLO VOSO ESTUPENDO TRABALLO!!!!

Aquí tedes o vídeo gañador da edición deste ano. Moi variado e con efectos. Parabéns a Pedro e a Uriel polo seu estupendo traballo!!

Aquí vos vai o 2º clasificado no concurso de curtas 2015. Parabéns a Leticia, Alejandra, Ainoa e Marta polo voso traballo!!

Aquí tedes o vídeo que levou o 3º Premio nesta edición. En breve iremos colgando o 2º e o 1º. Parabéns ás súas autoras Nerea, Ana e Abril de 4º ESO B

 

Aí vos vai o vídeo das palabras que escribistes onte no muro. Palabras verdes, amarelas, azuis, vermellas… cheas de cores que enchen o noso colexio coas vosas achegas.

Moitas grazas a todos e a todos e parabéns polo voso traballo!!!!

Hoxe foi un día moi especial porque enchemos o noso muro con palabras. Palabra fermosas, palabras nosas elixidas polos nenos e nenas de Primaria que logo foron pintando para que adornaran a nosa entrada en diferentes cores.

Os nenos de 4º de ESO, en especial Kevin e Damián estiveron toda a mañá axudando os máis pequenos.

Nestas fotos podedes ver todo o proceso. dende o principio ata o final.

Moitas grazas a todos e a todas os que participastes nesta actividade, por achegar o voso gran de area e conseguir que as palabras sigan vivas no Rosal.

DSC_0052DSC_0056DSC_0059DSC_0067DSC_0074DSC_0078DSC_0080DSC_0081DSC_0091DSC_0089

Aquí tedes a representación que fixeron os nenos e nenas  de 2º ESO A sobre o sabor da lúa. Esperemos que vos guste. Eles tardaron en probala, pero unha vez que conseguiron darlle unha chanchada… Xa veredes xa.

Parabéns á clase de 2º ESO pola súa representación.

 

Os nenos e nenas de 3º A representaron “Hansel e Gretel” baseada na ópera do mesmo nome do compositor alemán Humperdinck. Mirádeo con atención porque hai moitas sorpresas no interior desa estupenda casa de chocolate.

Parabéns a todos e a todas pola súa estupenda actuación.

 

Aquí tedes o vídeo onde se ve a representación dos nenos e nenas de 6º A. Esperemos que vos guste. Temos moi bos actores e actrices no noso cole. parabéns a todos e a todas polo estupendo traballo.

Visita do CRA

Publicado: 3 Xuño 2015 en O teatro na Mata
Etiquetas:,

O luns día 12 viñeron visitarnos os nenos e nenas do CRA acompañados dos seus mestres Moncho e Guillermo. Viñeron das escolas de Novás e Fornelos e acompañáronnos boa parte da mañá.

Viron as obras que representaron os nenos de 2º de ESO A vaca que puxo un ovo, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza e A que sabe a lúa?

Esperemos que gozasen coa visita. Nós quedamos moi contentos. Moitas grazas por vir. Esperamos que volvades moi pronto

DSC_0073

DSC_0062DSC_0077DSC_0063DSC_0131

 

 

 

DSC_0070

 

 

 

 

DSC_0054DSC_0071DSC_0055