Arquivo para Maio, 2015

Achégase o 17 de maio, Día das Letras Galegas e dende o Recuncho da Mata queremos sumarnos á festividade co vídeo “Presume de Galego“.

Todos e todas sabedes que a nosa lingua está en moi baixa forma. Temos que axudar a que non siga caendo nos seus usos e para iso convidámosvos a que lle botedes un ollo e a que o difundades pola rede. Porque a nosa lingua ben merece un gran sorriso.

Mil primaveras máis para o galego!!!!

 

Hoxe recibimos a visita de Ledicia Costas ao noso cole. Primeiro estivo cos nenos e nenas de 6º de Primaria, que leron o seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta. Logo estivo cos nenos e nenas de 2º de ESO, que leron os seus libros O corazón de Xúpiter e Recinto Gris. Carlota e Iria fixeron unha fantástica presentación na que deron unhas punceladas da súa vida e falaron dos seus libros e dos seus premios.

Falounos da súa inspiración, de onde sacaba as ideas para escribir os libros e logo estableceuse un coloquio onde lle preguntamos cousas dos seus libros que nos resultaron curiosas e sorprendentes.

Foi unha sesión moi entretida na que aprendemos moitas cousas.

Ademais, Ledicia asinounos os nosos libros.

Moitas grazas, Ledicia, pola túa visita. Esperamos que sigas escribindo para poder seguir gozando das túas lecturas.

DSC_0053DSC_0059DSC_0066DSC_0069DSC_0068DSC_0065