Xa está aquí o III concurso de vídeopalabras. Coma todos os anos, convocámosvos para que realicedes as vosas curtas utilizando as palabras que van estar nos nosos muros. Palabras fermosa, sonoras, rimbombantes, curtas, longas…. PALABRAS NOSAS que debemos utilizar acotío para que non se perdan. Son as vosas palabras, as que vos elixistes. Ánimo e a por todas, xogadores de palabras!!!
Arquivo para Abril, 2015
3º Concurso de Vídeo palabras
Publicado: 27 Abril 2015 en Para verEtiquetas:as nosas curtas, vídeo palabras
Día do Libro no cole
Publicado: 24 Abril 2015 en Para ler, Para verEtiquetas:23 de abril, día do libro
Onte foi o Día do libro e nós celebrámolo cos apadriñamentos lectores. Os nenos e nenas da ESO convertéronse en padriños – lectores e foron buscar os seus afillados e afilladas para lerlles unha historia e compartir con eles ese momento máxico da lectura. Aquí tedes unha pequena mostra.
Grazas aos padriños por facernos gozar deste día.
Obradoiro de portugués
Publicado: 22 Abril 2015 en Obradoiro portugués, Para verEtiquetas:O mundo da lusofonía, obradoiro de portugués
Hoxe pola tarde realizamos un obradoiro de portugués co alumnado de 4º ESO. Veu visitarnos Loaira e falounos de temas moi interesantes que tiñan que ver co mundo da lusofonía. Coñecemos aspectos da cultura portugesa que descoñeciamos. Falounos de Deolinda, de Luísa Sobral, Cesária Évora, Manecas Costas…. e moitos máis que non coñeciamos.
Escoitamos un rap e tamén nos explicou aspectos que tiñan que ver coa lingua galega e a portuguesa. Temos que estar moi orgullosos de falar a nosa lingua, xa que grazas á súa semellanza co portugués resúltanos moito máis doado comunicarnos con moitas persoas que viven nos países da lusofonía.
Muito obrigado Loaira, pela sua visita!
Visita de Yolanda Castaño
Publicado: 16 Abril 2015 en Para ler, Para ver, Sen categoriaEtiquetas:a poesía non morde, a poesía recitada, Yolanda Castaño visita o Rosal
O martes pola mañá tivemos o pracer de recibir a visita de Yolanda Castaño. Falounos da súa poesía, dos seus comezos, de por que ela escribe poesía… incluso nos contou algunhas anécdoctas sobre algúns dos seus poemas de xuventude. Foi unha mañá moi agradábel, xa que nos fixo entender a linguaxe poética dende outro punto de vista. Incluso nos animou a facer nós mesmos un poema. Aquí tedes o resultado.
Moitas grazas, Yolanda pola túa visita ao centro.
Esperamos que volvas pronto e que teñas moita sorte na túa andaina literaria polo mundo
.
Aquí tedes o poema resultado da súa visita. Somos uns grandes poetas, non si?
O sol é o fulgor dun cabelo loiro
O sol é a alegría do noso corazón
O sol é o lume da existencia
O sol é a nosa lenta destrución
O sol é a escuridade que queremos ver
O sol é a bombilla que ilumina a nosa vida
O sol é o candil prehistórico
O sol é o espertar de cada día
O sol é todo o que desexamos e padecemos
O sol é un bote de pintura amarela
O sol é un ente que nos protexe do noso interior
O sol é unha estrela das estrelas
O sol é unha tortilla cando tes fome
O sol é a barriga de Homer Simpson
O sol é unha paella valenciana
O sol é a orientación do noso camiño
Aquí tedes a Marcos recitando o poema. Moitas grazas, Marcos, polo teu estupendo recitado
Vai o vídeo de Yolanda recitando un poema seu. Prestade atención e gozade da súa obra.
Non perdas a palabra 2015
Publicado: 12 Abril 2015 en Non Perdas a Palabra, Para verEtiquetas:Non perdas a palabra 2015. As nosas letras
Por fin temos os tan agardados vídeos da actividade de Non perdas a palabra 2015. Parabéns a todos e a todas pola vosa participación. Que as palabras sigan aflorando no Rosal!!!!!
Non perdas a palabra 2015
Publicado: 7 Abril 2015 en Non Perdas a Palabra, Para verEtiquetas:Non perdas a palabra 2015
O pasado venres, 27 de marzo realizouse no Auditorio do Rosal a actividade de Non perdas a palabra. Este ano tiñamos como novidade que podiamos facer unha pequena peza teatral. Coma todos os anos, contamos co coro do colexio que nos interpretou cancións moi fermosas e divertidas, coma a A Rumba da Xeitosiña, peza moi movida que nos fixo bailar a todos.
Aquí tedes unha pequena mostra en fotos de como saíu o acto.
Dobraxe na Mata
Publicado: 6 Abril 2015 en Para verEtiquetas:Dobraxe na escola, dobraxe no cole, obradoiro de dobraxe
O pasado día 24 de marzo estiveron no noso colexio Suso Pando e Manuel Pombal cos nenos de 3º de Primaria e tamén cos nenos do CRA. Usaron monicreques e ensináronnos como se fai unha película, dende o guión ata a dobraxe. Logo presentáronnos os personaxes que os nenos ían dobrar coas súas propias voces.
Pasámolo moi ben e foi unha experiencia moi bonita poder facer nós unha peli. Esperemos que volvan pronto. Grazas, Suso e Manuel por facernos pasar un tempo moi agradábel e meternos no corpo o verme do sétimo arte.