Arquivo para 24 Febreiro 2015

Hoxe, 24 de febreiro, cumpriuse o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Dende o noso cole celebrámolo de moitas maneiras distintas. Incluso a propia Rosalía estivo con nós!!!!

Para que vexades todo o que se fixo, aquí tedes un telexornal onde podedes escoitar e ver as actividades. Parabéns a todos polo traballo realizado.

Rosalía estaría moi contenta se vira todo o que facemos no seu aniversario. Así dá gusto cumprir anos.

PARABÉNS ROSALÍA!!!!!!!