Arquivo para 5 Febreiro 2015

 

Esta semana estamos a ter moitas sesións de contacontos na nosa biblioteca. Xa viñeron visitarnos varios contadores dende o Cra. Estiveron Antonio, Euge, Moncho e Bea, Lidia… e aínda faltan algúns máis por chegar.

Os nosos profes tamén lles foron facer unha visita aos nenos do CRA. Ata alí foron Gloria, Merchi, Tere e tamén irá Suso o venres. Foi unha actividade moi divertida.

A profe Lidia contounos historias moi bonita e tamén nos cantou unha canción. Queres escoitala? Pois preme aquí e verás.