Arquivo para Xaneiro, 2015

Hoxe estiveron con nós Os famosísimos Terribles de Donas.

Contáronnos que levaban moitos anos como grupo. Xa son moi antigos, pero hai membros novos que seguen coa saga. Estaban os fillos dos fundadores, que son irmáns.

Fixeron un superconciertazo. Ensináronnos o que era unha ocarina, o pito galego, o acordeón, a gaita, o tamboril…(aínda que eles dixeron que era un tambor) Tocaron varias pezas e houbo nenos que se animaron a tocar con eles. Incluso houbo algúns que tamén bailaron. Foi unha mañá moi divertida. Aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben.

Tocaron o famoso Pasodobre dos Terribles, lembraron os irmáns Flores, do Rosal e animáronnos a cantar e a bailar.

Moitas grazas Terribles, pola vosa visita!!!!

DSCN0292

DSCN0288DSCN0270DSCN0267DSCN0262DSCN0227DSCN0260DSCN0294