Xa temos aquí os debuxos preseleccionados para facer o Calendario 2015. Cales seran os elixidos? Todos están moi ben. Parabéns a todos polo traballo. Agora temos que agardar as votacións. Que tensión!!
Xa temos unha nova convocatoria de Non perdas a palabra 2015. Este ano a temática é o teatro e a novidade é que podedes escribir un conto ou unha peza dramática. Ánimo e a por todas. Agardamos as vosas achegas. A vida é puro teatro!!
Aquí tedes as bases:
Velaquí tedes o vídeo de contestación que lle enviaron os de Ribadeo como contestación aos rapaces de Muros sobre as variantes do idioma. Escoitádeo porque pagha a pena.
Para cando facermos nós un sobre o cabaqueiro?
Con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego tivemos hoxe unha videoconferencia na biblioteca do noso centro para o alumnado de 4º de ESO. O título foi A ciencia da programación de ordenadores e a charla foi impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, doutor en Enxeñaría da Comunicación.
A sinopse da charla foi a seguinte: Introducirase a historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Introduciremos ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego.
Aquí tedes unhas fotos que ilustran a actividade. Agardamos que fose do voso agrado e que sirva para difundir a ciencia en galego.