Arquivo para Setembro, 2014

Comezamos o curso!!

Publicado: 20 Setembro 2014 en Para ver
Etiquetas:,

Boas a todos e a todas. Comezamos un novo curso escolar e como non ía ser menos temos unha boa noticia para vós.

Por fin se vai estrear a adaptación ao cinema da famosa obra de Eduardo Blanco Amor A Esmorga. A película rodouse en Ourense e Ribadavia e estrearase o vindeiro 15 de novembro no Festival de Cine Internacional de Ourense.

Aquí tedes un artigo que fai referencia á súa rodaxe e distribución. Temos que ir vela!

Imaxe da rodaxe da película

Os tres actores protagonistas do filme