Arquivo para Xuño, 2014

Contacontos

Publicado: 12 Xuño 2014 en Para ver
Etiquetas:, ,

Aquí tedes un vídeo onde podedes ver os estupendos contacontos que neste curso andaron pola Mata e tamén polo CRA. Foron días estupendos e marabillosos. Que ben poder contar con eles. Esperemos que para o ano sigan aí e nos permitan seguir gozando coas súas historias.

 

Como ben sabedes, xa repartimos os pousavasos polos establecementos do Rosal e algún de Oia. Aquí tedes unhas fotografías onde se ve primeiro, a entrega de agasallos ás gañadoras do deseño e logo o ben aproveitados que están eses pousavasos.

Un agradecemento especial á autoras do gañador.Agora, tedes que ir usalos.

Non me esteades nas verzas e gozade do verán!DSCN1152DSCN1168DSCN1166DSCN1169

 

 

Primeiro  e antes de nada, queremos agradecer a participación de todo o alumnado. Moitas grazas e que isto siga medrando.

Xa tedes aquí os vídeos premiados no concurso.

Comezamos polo Primeiro Premio. Un vídeo realizado por Paula, Paulo e Javi, de 4º ESO B, que trata de algo moi común e que todos coñecemos. A Mata do porco!! Esperemos que vos guste:

Continuamos co 2º premio. Un telediario que narra a busca dun monstro. Ollo, porque por aí os andan!!

Aquí temos o 3º premio, feito por alumnado de 3º ESO A. Ollo coas noites de fin de ano!

E agora queremos facer unha mención especial a este vídeo realizado por Blas, Carlos, Alex e Rodrigo de 4º ESO A. Representa unha escena da vidacotiça calquera tarde no Rosal.Parabéns polo resultado

Xaime e as landras

Publicado: 3 Xuño 2014 en Sen categoria
Etiquetas:
O alumnado de 2º ESO realizou unha adaptación do libro “Xaime e as Landras” de Tim Bowley e Inés Vilpi.

E comezou a agromar unha historia…

Xaime plantou unha landra que xerminou e creceu, pero…
non todas as landras plantadas chegan a ser árbores…

Se queres saber máis pincha na imaxe!

Xaime e as landras