O pasado venres, 16 de maio quixemos celebrar a festa das letras galegas na Mata. Celebrámolo de diferentes xeitos. Para o alumnado de 5º e 6º de primaria e para o de secundaria fixemos un pequeno acto que constou do seguinte:
- Escenificación dunha pequena peza de Unha palabra común, que pertence ao libro Made in Galiza de Sechu Sende por parte do alumnado de 4º ESO A
- Interpretación da Muiñeira de Chantada
- Visualización de definicións de palabras feitas por nenos e nenas de primaria
- Escenificación dunha pequena peza de Instrucciones para aprender a hablar gallego, que pertence ao libro Made in Galiza de Sechu Sende por parte do alumnado de 4º ESO B
- Interpretación da Rumba de Montealegre
- Interpretación da obra de teatro Picnic por parte dalgúns profesores do centro.
Esperemos que vos gustase. Aquí tedes un pequeno resumo