Arquivo para 23 Maio 2014

O outro día recibimos a visita dos tres porquiños no Rosal. Tamén estivo o lobo por aquí. Foi unha bonita actuación. Aquí tedes unha pequena mostra

 

Co motivo da celebración da Semana das letras Galegas nos colexios do Rosal, o Cra María Zambrano e o alumnado do 1º e 2º ciclo de primaria da Mata acudiron ao Auditorio a ver a actuación do grupo Migallas. Esperemos que aprenderan a facer pan e axiña nos fagan unha demostración. Ñam, ñam!!

 

O pasado venres, 16 de maio quixemos celebrar a festa das letras galegas na Mata. Celebrámolo de diferentes xeitos. Para o alumnado de 5º e 6º de primaria e para o de secundaria fixemos un pequeno acto que constou do seguinte:

  • Escenificación dunha pequena peza de Unha palabra común, que pertence ao libro Made in Galiza de Sechu Sende por parte do alumnado de 4º ESO A
  • Interpretación da Muiñeira de Chantada
  • Visualización de definicións de palabras feitas por nenos e nenas de primaria
  • Escenificación dunha pequena peza de Instrucciones para aprender a hablar gallego, que pertence ao libro Made in Galiza de Sechu Sende por parte do alumnado de 4º ESO B
  • Interpretación da Rumba de Montealegre
  • Interpretación da obra de teatro Picnic por parte dalgúns profesores do centro.

Esperemos que vos gustase. Aquí tedes un pequeno resumo