Arquivo para Abril, 2014

O equipo de Normalización Lingüística do CPI Suárez Marquier convoca un concurso para escoller un logotipo que estaría presente nas actividades do mesmo, nas comunicacións, na páxina web…

Buscamos un logo que nos represente !!!!

Premendo os seguintes enlaces tedes as bases para a elaboración do logo e unhas suxestións para a súa realización:

Bases para a elaboración do logo de Normalización

Pautas para a realización dun logo

Aquí tedes o xornal realizado polos rapaces e rapazas de 5ºA  de primaria. O xornal ten como fío condutor os incendios ocorridos o pasado verán no noso concello. Como podedes ver hai noticias para todos os gustos: opinión, economía, dados, entrevistas, deporte, … até incluíron unha entretida sección de pasatempos.

A voz da Vida

Preme na imaxe para poder velo

O pasado sábado entregáronse en Rianxo os premios “Irmandade do Libro” outorgados pola Federación de Librerías de Galiza. A nosa Biblioteca foi galardoada polo traballo realizado. Dende aquí queremos sumarnos a esta homenaxe e dámoslles os parabéns. Aquí tedes o enlace á noticia.

 

Asun recollendo o premio

 

 

Os incendios forestais

Publicado: 5 Abril 2014 en Para ler
Etiquetas:

O alumnado de Informática de 4º da ESO participa no proxecto do centro, “E agromará outro bosque…”, realizando uns carteis sobre OS INCENDIOS FORESTAIS.
Pincha na imaxe para ver máis

Carteis incendios

En vista do éxito acadado no ano pasado do concurso Vídeo palabras este ano continuamos cunha nova edición. Hai novidades, xa que teredes que utilizar palabras do cabaqueiro.  A carón da imaxe atoparedes as bases ÁNIMO. AGARDAVOS AS VOSAS ACHEGAS!!

 

2º ConcurSaZo Vídeopalabras

Bases II concurso vídeopalabras

 

https://i0.wp.com/www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Image/CABECEIRA%201.jpg

 

Dende o Equipo de Normalización Lingüística querémosvos presentar unha nova sección adicada á nosa lingua: O Ben Falado !!!

Nesta sección atopaderes unha serie de vídeos de apenas uns minutos emitidos pola TVG sobre diferentes aspectos do galego: variedades dialectais, orixe das palabras, toponimia, curiosidades, ….

Esperamos que sexa da vosa utilidade.

Ben Falado!!!