Como hoxe é o Día de Rosalía de Castro nós quixemos facerlle unha pequena homenaxe. Para iso, repartímonos polas aulas para ler algúns dos seus poemas máis fermosos e a expresar o noso desacordo de que este ano non se incluíra no Calendario do libro e da lectura por parte da Xunta de Galiza.
Para nós é unha figura moi importante e con esta actividade quixemos lembrala. Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica da actividade.
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración. Feliz Día de Rosalía!!
Foi unha actividade moi especial!
Moitas grazas ao profesorado e ao alumnado pola vosa colaboración!