Continuamos coas nosas actividades para lembrar a Rosalía. Aquí tedes o vídeo do mural e do recitado do poema que fixeron os nenos e as nenas que están no equipo de normalización lingüística. Parabéns polo voso traballo guapos!!
Continuamos coas nosas actividades para lembrar a Rosalía. Aquí tedes o vídeo do mural e do recitado do poema que fixeron os nenos e as nenas que están no equipo de normalización lingüística. Parabéns polo voso traballo guapos!!
Évos ben certo que Rosalía é mundial. Fixádevos en como estes nenos e nenas recitan a Rosalía nada máis e nada menos que en INGLÉS. Parabéns polo seu esforzo
Como hoxe é o Día de Rosalía de Castro nós quixemos facerlle unha pequena homenaxe. Para iso, repartímonos polas aulas para ler algúns dos seus poemas máis fermosos e a expresar o noso desacordo de que este ano non se incluíra no Calendario do libro e da lectura por parte da Xunta de Galiza.
Para nós é unha figura moi importante e con esta actividade quixemos lembrala. Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica da actividade.
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración. Feliz Día de Rosalía!!
Hoxe, 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro e na Mata seguimos de celebracións. Aquí tedes unha reportaxe fotográfica do pasado mércores, cando todo o alumnado participou no mural grafiteiro que fixemos de Rosalía. Parabéns a todos os participantes e moitas grazas a Elena Plástica por botarnos unha man neste bonito proxecto.
Hoxe celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, poeta ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Aproveitamos esta data para poñer aquí este vídeo que fixeron os alumnos e alumnas do IES Díaz Castro de Guitirz. Dende aquí sumámonos a esta celebración
O vindeiro luns comeza un novo xogo no que só pode participar a ESO. Trátase de buscar pistas e contestar preguntas sonre un personaxe famoso. Para iso poderedes traer os teléfonos móbiles ao colexio e PODEREDES USALOS, SI!!! Aínda que só nesta actividade. Se queredes máis iformación, aquí tedes as Normas