Rosalía é mundial. A nosa escritora pertence ao mundo. Dende aquí queremos sumarnos a esta iniciativa para difundir a súa obra e plasmar a súa cara en todos os recunchos de Galiza. Aquí tes máis información.
Arquivo para Xaneiro, 2014
Rosalía é mundial
Publicado: 31 Xaneiro 2014 en Para verEtiquetas:24 febreiro, Día de Rosalía, Día de Rosalía de Castro, Rosaligraffiti
1
Boas novas sobre Rosalía de Castro
Publicado: 16 Xaneiro 2014 en Para lerEtiquetas:Día de Rosalía, Rosalía de castro, textos inéditos de Rosalía de Castro
Malia rematar o ano de Rosalía acabamos de saber unha boa nova. A RAG presentou uns textos inéditos da nosa escritora. Trátase de tres poemas en castelán e un en galego que se descoñecían ata agora. Aquí tedes a noticia.
Letras Galegas 2014
Publicado: 16 Xaneiro 2014 en Para verEtiquetas:Letras galegas 2014. Díaz Castro, Xosé María Díaz castro
Aquí tedes un adianto sobre o autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro, autor entre outras cousas, do fermoso poema Penélope.