Arquivo para 31 Decembro 2013

Xa está aquí a oitava edición do nos concursazo máis agardado. Non perdas a palabra 2014!!! Este ano temos unha novidade. Hai sorpresa, xa que tedes que facer un relato ou unha poesía a partir de…. (as bases están dentro e a fotografía que aparece aquí ten moitísimo que ver).

Esperamos que, coma sempre, participedes tod@s. Cada ano sae un libro máis fermoso grazas ás vosas achegas. Moitas grazas por seguir loitando para que non se perdan as nosas palabras.

Foto non perdas a palabraBases 8º concurso Non perdas a palabra

No pasado ano 2013 conmemoráronse os 150 anos da publicación do poemario de Rosalía de Castro Cantares gallegos. Isto motivou que lle fixeran moitísimas homenaxes. O vindeiro 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía e dende A Mata queremos contribuír á súa homenaxe. De momento e para comezar, aquí vos deixamos unha mostra de todas as achegas que se fixeron no eido musical para conmemorar a figura desta grande poetisa das nosas letras.

Xa temos na biblioteca do colexio o último exemplar da saga de Astérix. Astérix e os Pictos, o último cómic dos personaxes máis emblemáticos da Galia que loitan contra a invasión romana. Nesta historia Astérix e Obélix terán que rescatar un mozo picto que aparece na súa aldea atrapado nun bloque de xeo. Animádevos a lelo!!!

Aquí tes máis información sobre esta nova