Por fin puidemos coñecer os nosos amigos de Portas!!! Mágoa que o tempo nos estragase o paseo que fixemos ata as Aceñas e o Tamuxe!! Polo menos a tarde quedounos bastante boa e puidemos gozar do bo tempo na Guarda.
Aquí vos deixamos algunha fotiño onde estamos todos, o alumnado e o profesorado.
O luns, 14 de outubro iremos nós coñecer a súa vila. A ver se non nos chove!! De todos os xeitos, NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPASE!!! Non si?
Xa estamos aquí de novo, comezando este novo curso con moitas ilusións normalizadoras e moitas gañas de espallar a nosa lingua, non só polos recunchos do Rosal, senón tamén por todos os recunchos do mundo.
Antes de comezar é obrigado facer unha referencia aos lumes que houbo nestes días no noso territorio. Nós vivímolo moi de cerca, pois tanto en Oia coma no Rosal o lume arrasou máis de 2ooo hectáreas de terreo. Os nosos montes foron aniquilados por esa forza da natureza que é o lume e que arrastra con el todo o que atopa por diante. O dano foi terríbel e cómpre reflexionar sobre o impacto negativo que provoca. As zonas repoboadas do monte, as árbores autóctonas, a vexetación, os animais e especies que viven aí… todo foi destruído. Tardaremos moitos anos en volver estes montes tal e como os coñecemos.
Aquí vos deixamos un vídeo onde podedes observar o dano que ocasionou este lume, nunha das zonas máis fermosas do noso concello: os muíños do Folón e os muíños do Picón.
Dende o Equipo de Normalización Língüística queremos denunciar este atentado ecoloxista e queremos deixar constancia deste documento, por desgraza moi real, para que non se volva repetir.