Vídeos seleccionados do concurso de Normalización

Publicado: 16 Xuño 2013 en Para ler
Etiquetas:

Aquí tedes os cinco vídeos que se seleccionaron despois de moitas deliberacións por parte dos membros do equipo

Hai tres seleccionados e dous accésits.

Os tres gañadores son os realizados por alumnado de 3º ESO:

O roubo, feito por Rubén. Alexandre e Andrés de 3º ESO A, unha fermosa metáfora sobre a desaparición das bolas do dragón, cunha sorpresa final

Que tempos aqueles!!, de María Misa, Ainhoa Álvarez e Iris da Silva, de 3º ESO B. Lembramos os tempos das nosas avoas impregnándolle ese humor que tanto nos caracteriza

A auga, que boa é!!, de Paula Otero, Nerea e Andrea de 3º ESO B. Unhas boas publicistas para o futuro

As dúas mencións especiais son para os seguintes vídeos:

Os desafiuzamentos, tema de rabiosa actualidade realizado polos alumnos de 1º ESO Julio Otero, David Alonso e Francisco Méndez

O tempo nos vindeiros días, feito por Nuria, Leonor e Inés de 2º ESO A. Unhas dicharacheiras reporteiras da Mata

Esperemos que vos gusten!! O concurso continuará en vindeiras edicións

comentarios
  1. Magdalena e Noelia di:

    todos me pareceron moi divertidos sobre todo o de 2ªA

  2. Ainhoa Álvarez di:

    Ao final a improvisación foi boa, agora pregúntome cal será o noso agasallo.
    Os outros dous vídeos están moi ben, noraboa!

  3. Antía Estévez Álvarez 3ºB di:

    Están todos moi ben, parabéns a todos.

  4. Asun di:

    Parabéns a todos! Canto artista hai neste centro!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s