Arquivo para Xuño, 2013

Entrega de agasallos

Publicado: 19 Xuño 2013 en Para ver
Etiquetas:,

E xa para rematar, aquí tedes a entrega de agasallos ao alumnado seleccionado polos vídeos do concurso.

Parabéns a tod@s e saúdos normalizadores. Ata o ano que vén!!!

DSCN0585DSCN0582DSCN0589DSCN0588DSCN0584DSCN0578

Aquí tedes os cinco vídeos que se seleccionaron despois de moitas deliberacións por parte dos membros do equipo

Hai tres seleccionados e dous accésits.

Os tres gañadores son os realizados por alumnado de 3º ESO:

O roubo, feito por Rubén. Alexandre e Andrés de 3º ESO A, unha fermosa metáfora sobre a desaparición das bolas do dragón, cunha sorpresa final

Que tempos aqueles!!, de María Misa, Ainhoa Álvarez e Iris da Silva, de 3º ESO B. Lembramos os tempos das nosas avoas impregnándolle ese humor que tanto nos caracteriza

A auga, que boa é!!, de Paula Otero, Nerea e Andrea de 3º ESO B. Unhas boas publicistas para o futuro

As dúas mencións especiais son para os seguintes vídeos:

Os desafiuzamentos, tema de rabiosa actualidade realizado polos alumnos de 1º ESO Julio Otero, David Alonso e Francisco Méndez

O tempo nos vindeiros días, feito por Nuria, Leonor e Inés de 2º ESO A. Unhas dicharacheiras reporteiras da Mata

Esperemos que vos gusten!! O concurso continuará en vindeiras edicións

Como nos prometeran os nosos amigos de Portas xa nos contestaron. Aquí tedes o seu vídeo

Temos moitas gañas de coñecelos. O vindeiro ano producirase ese encontro tan desexado.

Unha aperta e ata entón!!! Gozade do verán!!

Aquí tedes as achegas deste ano de Non perdas a palabra. A presentación e a lectura de textos. Non deixedes que isto se perda. Con vós as palabras seguen vivas no Rosal

Parabéns!!!

 

 

 

 

Con motivo do Día de Rosalía o noso alumnado de 3º EP realizou esta fernosa homenaxe á nosa autora.

Foi marabillosa. Contamos con estupendos actores. Que sigan así, que Rosalía o merece , isto e moito máis!!

Parabéns

O alumnado do IES de Guitiriz quere reivindicar a figura do gran poeta Díaz Castro e para iso elaboraron o seguinte vídeo.

A ver se o conseguen. Dende aquí dámoslle o noso apoio