Xa está aquí o concurSaZo “Vídeopalabras”

Publicado: 21 Febreiro 2013 en Non Perdas a Palabra, Xogalingua
Etiquetas:, ,

Tod@s a gravar!!

Como o prometido é débeda, aquí vos enviamos as bases para o concurso VÍDEOPALABRAS. Tedes que utilizar a imaxe e mais as palabras. Escollendo expresións e palabras que vós mesmos elixistes, porque eran as que máis vos gustaban debedes facer unha pequena historia na que intercaledes esas fermosas voces que tanto vos din.

SORTE  E A POR TODAS!!!

AGARDAMOS AS VOSAS ACHEGAS

BASES PARA O CONCURSO DE VÍDEOPALABRAS:

1.- O concurso consistirá na elaboración dun vídeo de 3 minutos como máximo, no que deben aparecer, como mínimo, dúas expresións e dúas palabras e, como máximo, tres de cada categoría.
2.- O nº de participantes será tres como máximo
3.- O tema é libre
4.- A lingua empregada debe ser o galego
5.- Non poderán aparecer palabras malsoantes nin ter un contido que fira sensibilidades
6.- A organización resérvase o dereito de publicación dos vídeos
7.- Os traballos deberán ser entregados:

  • En primaria a Lucía, Tere ou Xosé Manuel
  • En secundaria a Andrea ou Ana Chamosa antes do venres 26 de abril.

8.- Os vídeos pódense gravar con cámara ou teléfono móbil pero deben ser entregados nun pen drive nun formato compatible con VLC.
9.- Establecéranse dúas categorías:

  • Educación Primaria: 1º e 2º premio
  • Educación Secundaria: 1º e 2º premio

As palabras que foron seleccionadas e que podedes utilizar son as seguintes:

EXPRESIÓNS:

Estás na verza
Se non queres caldo, sete cuncas
Fai un frío que rachan as piñas
Vas caer
Saír a fume de carozo
Fai un sol de carallo
Se caes, do chan non pasas
Meu dito, meu feito
Facer as cousas ao chou
Ai, lubrián!
Marcho que teño que marchar
No fondo á dereita
Era visto

PALABRAS:

Xenreira
Bule-bule
Morriña
Falcatruada
Repoludo
Brincar
Larpeira
Vichelocrego
Cósmica
Langrán
Choucho
Feitizo
Lamburcias
Agarimosa
Papán
Sapoconcho
Chafalleiro
Cascallo
Bucheira
Visodoseidos

comentarios
  1. Ana 3º B di:

    No vídeo ten que aparecer unha persoa falando..ou as palabras e expresión que elixamos poden ser en texto?

  2. galegando di:

    Ten que aparecer unha persoa ou máis falando e eutilizando algunhas destas palabras ou expresións. É coma unha minicurtametraxe.
    Ponte a iso e boa sorte!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s