Arquivo para Febreiro, 2013

O venres, 22 de febreiro dende o noso CPI quixemos sumarnos á homenaxe a Rosalía de Castro. Como sabedes, o día 24 de febreiro é o día de Rosalía e este ano, ademais, cúmprense 150 anos da publicación do seu libro Cantares Gallegos.

Que fixemos nós? Pois achegar a súa poesía a todos os recunchos do cole. Os nenos de 5º e 6º de EP foron por todas as aulas do cole lendo un poema de Rosalía de Castro e repartindo unha flor. Así, cada vez que vexamos a flor ou miremos para o poema lembrarémonos da nosa autora.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

Advertisements

No Recuncho da Mata quixemos facer un Recuncho para Rosalía e así queremos contribuír ás sucesivas homenaxes que se lle están a facer á nosa escritora por todo o país. Aquí vai unha pequena mostra da súa produción.

P1020362P1020361

Tod@s a gravar!!

Como o prometido é débeda, aquí vos enviamos as bases para o concurso VÍDEOPALABRAS. Tedes que utilizar a imaxe e mais as palabras. Escollendo expresións e palabras que vós mesmos elixistes, porque eran as que máis vos gustaban debedes facer unha pequena historia na que intercaledes esas fermosas voces que tanto vos din.

SORTE  E A POR TODAS!!!

AGARDAMOS AS VOSAS ACHEGAS

BASES PARA O CONCURSO DE VÍDEOPALABRAS:

(máis…)

twitter-bird-blue-on-whitePois iso, xa o sabedes, non tedes disculpa para non enterarvos das novas que publicamos. Todos e todas a seguirnos no Twitter!!
A nosa conta é @orecunchodamata

Novas musicais

Publicado: 12 Febreiro 2013 en Para ver
Etiquetas:,

Queredes enterarvos das novas musicais que hai en Galiza? Pois seguide este enlace.  Aquí vos vai unha pequena mostra de rock do país, do grupo Ruxe Ruxe