CONCURSO “As nosas palabras”

Publicado: 15 Xaneiro 2013 en Novas da lingua
Etiquetas:, , ,

Atención a tod@s!!! Comeza un concurso que ten varias fases. Para poder acadar o premio final tedes que completar todos os pasos.

1ª FASE:

    Debedes comentar nesta entrada unha palabra e unha expresión en galego que vos guste moito, que vos pareza sonora, que vos traia lembranzas especiais.

  • Tedes que explicar o motivo da vosa elección. Por exemplo: Eu gusto moito da palabra AXÓUXERE porque me resulta especialmente sonora.
  • Tedes que identificarvos cando fagades a entrada. Isto é importante para a fase seguinte.
  • A data límite para presentar as vosas achegas é o xoves, 31 de xaneiro.

Agardamos as vosas palabras!!!

comentarios
  1. Sara Martinez Pérez di:

    Xella porque é o can da miña avoa é gústanme os cans!

  2. Nuria Crego García 2ºA di:

    A miña palabra é bolboreta porque me gusta como soa.
    A miña expresión é “Nunca choveu que non escampara” porque a di moitas veces o meu avó.

  3. Rafael Vicente Rodríguez 3ºB di:

    gustame a palabra CORZO por que me parece graciosa
    e a expresion “FAI UN FRIO QUE RACHAN AS PIÑAS”

  4. Andrea Fernánedez Otero 3B di:

    A miña expresión é ‘ se non queres caldo sete tazas’ xa que o meu pai mo dice cando non me gusta algunha comida

  5. Manu Manteiga 2ºB di:

    A miña palablra é motos porque desde os dous anos xa conducia motos.

  6. Pedro Villanueva Comesaña di:

    A miña palabra é rúa porque gústame salir pola rúa cos amigos. A miña expresión é “estás na berza” porque ocórreme algunhas veces e faeme gracia.

  7. Rodrigo Piñeiro Blanco di:

    A palabra que me gusta a min é ”faciana” porque sona moi ben e expresión ”mañana máis e mellor” que me fai gracia

  8. Julio Lagos 3ºB di:

    A miña palabra é “Avoa” porque é unha persoa doce e a palabra e curta e bonita
    A miña expresión é “E ti, de quen ves sendo” porque úsano moito as persoas maiores que coñezo

  9. A miña palabra é bolboreta. Porque me gustan as súa cores.
    A miña expresión é “como arrecende”. Porque me gusta o cheiro da comida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s