Arquivo para Xaneiro, 2013

Atención a tod@s!!! Comeza un concurso que ten varias fases. Para poder acadar o premio final tedes que completar todos os pasos.

1ª FASE:

    Debedes comentar nesta entrada unha palabra e unha expresión en galego que vos guste moito, que vos pareza sonora, que vos traia lembranzas especiais.

  • Tedes que explicar o motivo da vosa elección. Por exemplo: Eu gusto moito da palabra AXÓUXERE porque me resulta especialmente sonora.
  • Tedes que identificarvos cando fagades a entrada. Isto é importante para a fase seguinte.
  • A data límite para presentar as vosas achegas é o xoves, 31 de xaneiro.

Agardamos as vosas palabras!!!