Calendario 2013

Publicado: 2 Decembro 2012 en Calendario
Etiquetas:,

https://i2.wp.com/3.bp.blogspot.com/-JW66uXLtYjQ/TmTevaX8Q_I/AAAAAAAAHFE/tLQA8CZy6N8/s1600/Noticias+O+Rosal+%25282%2529.JPGAquí tedes as bases para o calendario do vindeiro ano 2013. O tema elixido e O Rosal, así que non hai excusa. Podedes usar diferentes técnicas e tocar distintos lugares do Concello. Lembrade que todos os vosos debuxos serán exposto no taboleiro do colexio. Animádevos a participar. Aí vos van as bases:

BASES PARA O CALENDARIO 2013

Un ano máis convocamos un concurso para seleccionar as imaxes do noso calendario que terá como tema O Rosal.
Se queredes participar, debedes cumprir as seguintes condicións:

  • Tamaño: un folio en posición horizontal.
  • Formato: O traballo deberá ocupar todo o espazo sen que se vexa nada do folio.
  • Técnica: libre. Podes usar collage, témperas, acuarelas… o que penses que pode ser máis vistoso para un calendario.
  • Identificación: todos os traballos terán que ter na parte posterior: nome, apelidos e curso.
  • Tema: os temas dependerán do curso no que esteades:

1º Ciclo de Primaria: O lugar do Rosal que máis che guste.
2º Ciclo de Primaria: Un lugar do Rosal recoñecible por todos nós.
3º Ciclo de Primaria: Personaxes ilustres do Rosal, as festas, a toponimia.
1º de ESO: A historia do Rosal a través da pedra
2º de ESO: Os oficios no Rosal
3º de ESO: Os cabaqueiros
4º de ESO: Os oficios no Rosal

Data de entrega:O 10 de decembro.
LUGAR: En primaria, ás vosas titoras.
En secundaria, a Ana Chamosa.
Todos os traballos que demostren o voso esforzo, serán expostos nos corredoiros do cole e na web.

comentarios
  1. Abril di:

    Pero no era que los de segundo podian hacer sobre faunaa y eso todo??

  2. galegando di:

    Mira ben as bases Abril. Os de 2º da ESO tedes que facelo sobre os oficios. Ánimo e presnta algo bonito, que hai moito para escoller.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s