Arquivo para Decembro, 2012

Botádelle unha ollada a isto. Demostra os enormes prexuízos lingüísticos que aínda existen e a profesionalidade dos traballadores públicos. Quen é o mal educado aquí?

Tempo de escoitar

Publicado: 16 Decembro 2012 en Para ver
Etiquetas:

Coñecedes a Sés. É unha cantautora coruñesa que está arrasando polo mundo cantando en galego. Aquí vos deixo unha mostra da súa arte:  Tempestades de sal. Podedes botarlle un ollo á súa web, a ver se vos gusta. Comentade e achegade suxestións para incluír no blog

RecitandOcelsoemilio

Publicado: 14 Decembro 2012 en Para ver
Etiquetas:

Xa tedes aquí o voso vídeo colgado. Botádelle un ollo porque estades todos. Moitas grazas pola vosa participación. Co vos traballo conseguimos que Celso Emilio estivera presente na Mata o día 12 ás 12 e que a nosa lingua fluíse por todo o Centro. PARABÉNS e saúdos normalizadores

Estamos na prensa

Publicado: 12 Decembro 2012 en Para ver
Etiquetas:,

.https://i0.wp.com/coordinadoraendl.org/recitandocelsoemilio/cartaz_recitando_celso_emilio.jpg

Continúan a chegar novas sobre a actividade de hoxe. Aquí tedes o que sae en Praza Pública. Ánimo que nbtre todos imos dar un golpe de efecto.

Estade tod@s preparados porque hoxe ás 12 comeza o gran espectáculo polo que  pasaremos á posteridade.

Entre todos podemos

Xa falta pouquiño

Xa está aquí Celso Emilio Ferreiro

Publicado: 11 Decembro 2012 en Para ver
Etiquetas:,

Celso Emilio Ferreiro

Nós tamén estaremos na homenaxe a Celso Emilio.

Mañá é o gran día. O día 12 ás 12. Que acontecerá? Pois o poeta  Celso Emilio Ferreiro  estará aquí con nós durante toda a mañá porque imos conmemorar o centenario do deu nacemento. Aquí tedes algún dato sobre a súa vida.

Déixovos o poema Xaneiro, 1972 II. Un dos máis fermosos de toda a súa produción, máis coñecido como Moraima. Gozade escoitándoo.

Lendas urbanas

Publicado: 3 Decembro 2012 en Para ler
Etiquetas:,

Nestes días estamos a estudar as lendas. Aqui  podes ver algúns exemplos. Pero sabías que tamén pode haber lendas urbanas? Bota unha ollada e verás que sorpresas atopas. Paga a pena!!

Lendas urbanas

Lendas urbanas

Calendario 2013

Publicado: 2 Decembro 2012 en Calendario
Etiquetas:,

https://i0.wp.com/3.bp.blogspot.com/-JW66uXLtYjQ/TmTevaX8Q_I/AAAAAAAAHFE/tLQA8CZy6N8/s1600/Noticias+O+Rosal+%25282%2529.JPGAquí tedes as bases para o calendario do vindeiro ano 2013. O tema elixido e O Rosal, así que non hai excusa. Podedes usar diferentes técnicas e tocar distintos lugares do Concello. Lembrade que todos os vosos debuxos serán exposto no taboleiro do colexio. Animádevos a participar. Aí vos van as bases: (máis…)

Will Eisner chegou ao Rosal

Publicado: 2 Decembro 2012 en Para ler
Etiquetas:, ,

Will EisnerSe vos achegades á bilioteca poderedes ver esta novidade que nos chegou a semana pasada. Unha estupenda banda deseñada de Will Eisner: Contrato con Deus. Aquí podes atopar máis información sobre o libro e o autor.