VII Concurso de Non perdas a Palabra

Publicado: 27 Novembro 2012 en Non Perdas a Palabra
Etiquetas:, , , ,

Xa está aquí o VII Concurso de Non Perdas  a Palabra. Coma o ano pasado, seguimos cos contos e os poemas. A partir de varios comezos teredes que facer un conto ou un poema. Lembrade que tamén hai que facer un debuxo. Animádevos a participar. Grandes premios vos agardan.

Aquí tedes as bases:

Non perdas a palabra

Non perdas a palabra

BASES PARA O VII CONCURSO DE CONTO E POESÍA
“NON PERDAS A PALABRA”

  • Os textos deberán presentarse en lingua galega en soporte informático, excepto o primeiro ciclo de primaria que poderá presentalos escritos a man.
  • A extensión do relato será dun máximo de 1 DIN A4 por unha cara. Se o traballo presentado é un poema terá que ter catro versos como mínimo e vinte versos como máximo.
  • Os traballos pódense elaborar individualmente ou en pequeno grupo, neste caso deberan ir asinados por todos/as os/as membros. No primeiro ciclo de primaria pódese presentar un traballo feito en gran grupo.
  • O/A titor/a ou responsábel de dinamizar o concurso en cada aula de primaria seleccionará dous traballos para enviar ao xurado. En secundaria seleccionará 6 traballos por nivel. Os traballos entregaranse corrixidos polo/a profesor/a encargado/a.
  • A data tope de entrega destes traballos ao Equipo de Normalización é o día 17 de decembro. Non se recollerá ningún traballo fóra de prazo.
  • Os relatos seleccionados polo Equipo de Normalización serán publicados, nunha edición especial ou na páxina web do centro. Farase unha presentación pública na que se entregará un diploma aos gañadores/as.
  • Cada traballo debe ir acompañado dun debuxo feito en branco e negro noutro folio. O autor/a do debuxo non ten porque ser necesariamente o autor do texto.

Propostas para a realización dun conto:
A partir dun dos inicios que se propoñen elaborar un conto:
Nunca imaxinei que o mar había ser tan grande, que por moito que mires e mires non dás visto o final…
ANEIROS ROSA , Ás de bolboretas,Os alpinistas do monte Gurugú, Edicións Xerais de Galicia.

Saíran de mañá cedo porque era moita viaxe por estradas descoñecidas e había que contar con calquera imprevisto…
MARTÍN PACO, Historias para ler a noite, Forcadela, Editorial Galaxia.

De súpeto, David sentiu voces e ruído de pasos do outro lado da porta de madeira. Abandonou os seus pensamentos e concentrouse nos sons que estaba a oír…
FERNÁNDEZ PAZ AGUSTÍN, O centro do labirinto, Edicións Xerais de Galicia.

Ás noites, cando ía canso de andar, deitábase mirando cara ao ceo. Unha daquelas veces, divisou algo no medio da escuridade…
FERNÁNDEZ ANA MARÍA, Tres voltas ao planeta; Lúa, Lúa, Editorial Everest, Galicia

Proposta para a realización dun poema:
A partir das seguintes estrofas fai un poema:

Cai a neve cai cai
falopiña a falopiña
nin o vento a arremuíña
nin a auga a desfai.
NOVONEIRA UXÍO, Os Eidos, Edicións Xerais

A miña terra é íntima e tenra,
pro, a mocedá foxe dela
en busca de outra terra
onde o pan
se pode comer sin bagoas.
FERREIRO CELSO EMILIO, Viaxe ao país dos ananos, Editorial Sálvora

Había unha vez nun pazo afastado
reunión de animais e baile rachado.
NÚÑEZ TOÑO, Amores de gato e rato, Kalandraka

Unha pinga de auga atopouse cun raio de sol
os dous xuntos formaron un mundo de color.
NEIRA XOÁN e RIESTRA MARIANA, Xiz de cor, Baía Edicións.

comentarios
  1. Marga di:

    Espero que todos os meus/miñas alumnos/as de 1ºA e 1ºB ESO participedes nesta nova edición de Non Perdas a Palabra.
    Quedan poucos días. AGARDO AS VOSAS ACHEGAS!!!!

  2. galegando di:

    Si, que envíen xa os textos que queda pouco para que remate o prazo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s