Continuamos co LGx15

Publicado: 24 Novembro 2020 en Sen categoria
Etiquetas:,

Aquí tedes o segundo vídeo. Escoitádeo porque sempre aprenderedes algo novo. E falará como queira, ou?

LGx15

Publicado: 20 Novembro 2020 en Sen categoria
Etiquetas:,

Un minuto do #LGx15 de 2020, coas ideas, reflexións, experiencias e propostas de Beatriz Campos, Adrián Dios, Ángel Carracedo, Laura Marín, Verto, Esther Estévez e Manuel Gago. Atentos porque, a partir do domingo teredes estreas diarias.

Aquí vos deixo a entrevista que lle fixeron no Zigzag Diario a dúas poetas elixidas para ser representadas no noso calendario. María Lado e Lucía Aldao, integrantes de Aldaolado falan do seu novo proxecto.

Trap da Santa Compaña

Publicado: 29 Outubro 2020 en Sen categoria
Etiquetas:,

Aquí tedes o arquifamoso Brais das Hortas cantando o seu terrorífico trap da Santa Compaña. A beillar e ghozar con el. Ollo co que andades a facer!!!

Os nosos apelidos

Publicado: 28 Outubro 2020 en Sen categoria
Etiquetas:

Queredes saber por onde andan os vosos apelidos? Queredes ver onte tedes parentes? Aquí tedes unha páxina onde podedes fozar e experimentar. Quen sabe? Quizais podedes atopar algo interesante. Premede aquí e atoparedes a resposta.

Hoxe enterámonos de que a curta O borboriñar das ínsuas, que fora seleccionada para participar no Dubrovnik Film Festival, gañou o Premio ao mellor documental do Festival. Parabéns a tod@s @s participantes deste proxecto que tantas alegrías nos deu no momento de realizala, e que segue a darnos momentos marabillosos!!

Aquí tedes a páxina onde podedes ver a boa nova

Estamos de parabéns. A proposta que fixo a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, de nomear unha estrela como Rosalía de Castro foi a máis votada, dentro da convocatoria realizada pola IAU no seu centenario.

A estrela asignada a España, até aquel momento chamada HD149143, na constelación de Ofiúco, o Serpentario, leva desde entón como nome “Rosalía de Castro”. O único exoplaneta descuberto nela polo momento chámase “Río Sar”.

Aquí tedes o enlace a esta boa nova. Parabéns!!!!

Parabéns por topar un mozo así!!

Publicado: 21 Outubro 2020 en Sen categoria
Etiquetas:

Aquí vos deixo esta marabillosa achegha desta moza que vai conseguir, agora si, as 1000 primaveras máis de Cunqueiro. Obrigada por compartir @nelvidalbarral

Temos boas novas!!!

O borboriñar das insuas, filme realizado durante o curso 2018-2019 por alumnado do noso centro foi seleccionado no Dubrovnik Film Festival (DUFF).

A curta pertence ao proxecto Cinema en Curso, da asociación A Bao A Qu e está coordinado polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) en Galicia.

Parabéns ao alumnado e ao profesorado implicado en dito proxecto!!!

Aquí tedes a información para facer o calendario deste ano, que ten como protagonistas @s nos@s poetas. O primeiro documento son as bases para elaboralo e o 2º documento son os poetas elixidos nas diferentes aulas. Ánimo e a facer un calendario ben chulo!!

Aquí tedes unhas fotos dos poetas elixidos.